O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido notificación da apertura dun novo expediente sancionador vinculado con actuacións no río Tea. Nesta ocasión, despois da denuncia de ADENCO, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil decidiu a apertura dun expediente sancionador a Unión Fenosa por incumprimento das condicións que tiña autorizadas na poda e corta de vexetación para o mantemento…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Encontros Naturalistas_xuño 2017: Que fago se atopo un animal ferido?
Neste mes de xuño continuamos cos nosos Encontros Naturalistas, aproveitando para aprender que debemos facer se nos atopamos un animal ferido na nosa contorna. O relatorio virá a cargo do compañeiro e colaborador de Hábitat Pablo R. González Novoa, Biólogo e Técnico de Centros de Recuperación de Fauna Silvestre. Actualmente traballa no Centro de Interpretación de Avifauna,…
Consellos para celebrar o Lume Novo sen queimar o ambiente
Alén de instar á veciñanza, comisións de festas e concellos para que teñan previsto medidas de seguridade nas cacharelas, coidando que a súa ubicación non xere riscos para as persoas e impactos no medio, non é menos importante ter en conta a enorme cantidade de refugallos que se produce esta noite, que con frecuencia rematan…
O CES recórdalle ao Concello de Sanxenxo que os desbroces na duna de Baltar son unha mala práctica ambiental
Dende hai varios anos o concello de Sanxenxo está a facer desbroces dun metro de ancho ao longo das pasarelas de madeira das dunas de Baltar (Portonovo). Nesta zona atópanse especies tan peculiares como a Linaria polygalifolia subsp. polygalifolia, e Silene scabriflora subsp. Gallaecica cunha escasa distribución a nivel mundial (costa galega e norte de…
Pesar pola traxedia incendiaria de Portugal, preocupación polo que nos agarda na Galiza
Dende ADEGA queremos expresar o noso pesar co pobo irmán de Portugal e a nosa solidariedade cos familiares das vítimas dos recentes lumes forestais. Esta catástrofe debería facernos reflexionar sobre as características da problemática dos lumes en Portugal e en Galiza, para deste xeito diminuir as consecuencias que unha catástrofe similar podería ter no noso…
Pontenciencia, biodiversidade, saúde humana e ambiental
O pasado 3 de xuño en Pontevedra, en vésperas do día mundial do medio ambiente, os actos contra a eucaliptización e a marcha contra celulosas coincidiron coa clausura da edición 2017 de Pontenciencia, feira da miniciencia de proxectos de investigación no ámbito escolar. En dita edición unha familia presentou un experimento sobre “a biodiversidade dos…
A Federación Ecoloxista Galega alerta do perigo da macroincineradora de biomasa en Curtis
A Consellería de Medio Ambiente e os medios de información difundían onte o proxecto de macroincineradora de biomasa para xeración eléctrica, unha industria cun grande impacto no Medio e cunha potencia proxectada de 50 MW localizada no concello de Curtis que ten previsto a queima de 546.000 toneladas ao ano de biomasa. A Xunta de…
Medio Ambiente alerta aos axentes do distrito para que non se maltraten animais nas festas do corpus
O Grupo Ecoloxista ADENCO recordou nestas últimas semanas ás administracións competentes, tanto á Consellaría de Medio Ambiente como ao Concello de Ponteareas para que non repitan os feitos denunciados no último ano. A Consellería indicoulles aos ecoloxistas que a actuación da utilización de animais salvaxes no cruceiro vexetal está prohibida e que o ano pasado…
As plantacións de eucaliptos diminúen a diversidade e a vida dos ríos
Texto baseado no artigo “Influencia dos monocultivos de eucaliptos nos ecosistemas fluviais” de Adolfo Cordero, Alba Martínez e Maruxa Álvarez. A cantidade, estacionalidade e calidade (composición específica) das follas e doutros restos vexetais son os factores máis relevantes no control do funcionamento enerxético dos ríos. Follas de baixa calidade ou difíciles de procesar, como as…
ADENCO abrirá novas vías ante o Parlamento Europeo para denunciar o impacto dos paseos fluviais á beira do Tea en Mondariz e Ponteareas
ADENCO valora moi positivamente a visita ao Parlamento europeo da pasada semana, na que, xunto con outros colectivos sociais galegos e convidados por Compromiso por Galicia, se denunciou o impacto das obras dos paseos fluviais ás beiras do río Tea nos Concellos de Mondariz e Ponteareas. Así, o mércores 31 de maio, mantívose unha reunión…
Cova de Eirós: primeiro o negocio de COSMOS e logo o patrimonio cultural
Este mes de maio, A Xunta non tivo máis remedio que iniciar a declaración de BIC da Cova de Eirós por imperativo legal, logo da demanda xudicial de ADEGA. Durante 8 anos ADEGA tentou até en 8 ocasións pola vía administrativa e mesmo coa intervención do Valedor e do Consello da Cultura Galega que a…
No Día do Medio Ambiente ADEGA demanda un pacto social para a conservación dos nosos bosques e do medio rural
“Unir as persoas coa Natureza” é o lema que a ONU propón para este Día Mundial do Medio Ambiente 2017. Mais no noso país, os modelos baseados no monocultivo forestal especialmente con eucaliptos, favorecidos e favorecedores do abandono do rural, fan que as persoas estean cada vez máis lonxe da natureza. “Quen seremos nós sen…