Esta 15ª edición dos tradicionais premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental na Galiza, coincide tamén coas celebracións dos 40 anos da nosa organización, consituida en 1975 e legalizada en 1976. Xa que logo queremos ante todo recoñecer o traballo e o compromiso xeneroso…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Prepotente
Seguindo unha das súas máximas de comportamento, ENCE ameaza ás autoridades administrativas e ás institucións locais –e, ao tempo, ao conxunto da cidadanía da comarca pontevedresa- con non instalar unha planta de biomasa en Lourizán e levala a Huelva. Trátase, evidentemente, dun novo intento empresarial de forzar ao goberno central para que tome a decisión…
ADENCO denuncia importantes impactos ambientais e malgasto de recursos públicos provocados polas sendas no río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO quere denunciar que nos últimos días, coas primeiras chuvias do ano, as sendas do Tea teñen provocado importantes afeccións ao LIC Río Tea. Así, tal e como se pode observar nas fotografías adxuntas, grandes cantidades de xabre teñen ido a parar directamente ao curso fluvial, coa grave afección que supón aos…
Mapa da diversidade biolóxica do Concello da Coruña
Dende o G.N.Hábitat comprácenos comunicarvos que a nosa entidade ven de ser escollida para a elaboración do Mapa da Diversidade Biolóxica do Concello da Coruña. Un proxecto co que se pretende ter unha “imaxe” detallada da biodiversidade presente no noso concello. Os traballos, que serán desenvolvidos ao longo do 2016, contarán coa participación dun amplo…
ADENCO denuncia ante a Valedora do Pobo ao Concello de Ponteareas pola non contestación ás alegacións presentadas ao PXOM
O Grupo Ecoloxista Adenco presentou hai uns días unha denuncia ante a Valedora do Pobo de Galicia contra o Concello de Ponteareas, pola non contestación, desde hai máis de dous anos, das alegacións presentadas, en forma e prazo, ao documento polo que se aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello. Como daquela,…
POR UN NADAL MÁIS VERDE: Consellos para non consumirte nas festas
Probablemente, a crise económica contribuíu a reducir o impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos naturais. Constátase un gasto de enerxía superior ao necesario, unha produción de residuos esaxerada, o aumento do uso do transporte privado, o incremento de emisións de efecto invernadoiro e da contaminación…
Verdegaia prensenta alegacións ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia
Verdegaia presentou no pasado día 14 de decembro as súas alegacións ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia. Brevemente, a nosa oposición a este documento, como en xeral á política do Goberno galego nesta materia, débese a que supedita os criterios ambientais a razóns de tipo económico, supostamente amparadas no interese xeral. Como noutros…
ADEGA non paralizou as obras da empresa Inca no río Miño nin increpou aos seus traballadores
Segundo unha información aparecida hoxe 16 de decembro no diario La Voz de Galicia, a empesa Inca, concesionaria da explotación da fábrica da luz de Lugo e promotora das obras do proxecto de rehabilitación desta fábrica e do aumento do caudal de aproveitamento, denunciou a varios activistas de ADEGA por interromper no día de onte…
Relatorio “Busca linces y encontrarás meloncillos”_29 de decembro ás 20h
Qué mellor xeito de pechar o 2015 que gozar dun novo relatorio da man de Carlos Nores, quen nesta ocasión nos virá a falar do coñecido como “furatoxos” (Herpestes ichneumon), e sobre o que ven de publicar un interesante artículo na revista científica Chioglossa do G.N.Hábitat. O relatorio, que leva como título “Busca linces y…
A APDR advirte da deriva fraudulenta na certificación Forestal FSC
Desde que se iniciou o proceso de certificación da xestión forestal da empresa ENCE ENERGÍA Y CELULOSA baixo o esquema FSC (Forest Stewardship Council) por parte da empresa de auditoría Bureau Veritas, a Asociación Pola Defensa da Ría –dentro do proceso de reclamación contra esta certificación que a Federación Ecoloxista Galega leva adiante- tense oposto…
ADEGA participa na creación do movemento “Lugo, de cara ao Miño”
ADEGA xunto con outros 15 colectivos e entidades ecoloxistas, sociais e políticas, e varias persoas veciñas de Lugo forman a plataforma “Lugo, de cara ao Miño” para facer presión fronte a proxectos especulativos, urbanísticos, enerxéticos ou calquera tipo de actuación promovida desde o eido privado ou público que ameace a integridade e os valores naturais…
Un estudo sobre grandes incendios forestais cuestiona o modelo ENCE
Dende a APDR constatamos que a recente presentación do Informe de Ecologistas en Acción sobre a relación do tipo de vexetación e os grandes incendios forestais (máis de 500 hectáreas de superficie de afección) entre 2012-2014 no estado español, desminte de novo os argumentos cos que ENCE pretende xustificar a súa xestión forestal baseada no…