ADEGA pide á Confederación Hidrográfica e á Xunta a paralización definitiva das obras da fábrica da luz no Miño e traslada o caso á Fiscalía

O pasado 14 de novembro, a empresa asturiana Inca, adxudicataria en 2008 da explotación da fábrica da luz a carón do río Miño en Lugo, puxo en marcha as obras que prevén retomar a explotación desta infraestrutura que leva décadas en desuso. Sen embargo, os traballos autorizados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil supoñen multiplicar por tres…

Traballadores de ENCE agreden a un membro da APDR

Na madrugada do pasado mércores, cando viñan de colocar bandeirolas da campaña conxunta “ENCE FÓRA DA RÍA PARA SEMPRE” participada por varias institucións (Deputación Provincial e Concellos de Pontevedra, Poio, Bueu e Vilaboa) e numerosos partidos e colectivos sociais da comarca, un grupo de membros da APDR observaron como unhas persoas rachaban os carteis que…

Visita aos proxectos de compostaxe caseira e comunitaria de Monforte

O obxectivo deste proxecto e reducir os residuos que se recollen e se levan a SOGAMA ademais de facer participe a veciñanza na xestión dos residuos para promover a reciclaxe Na zona de Río Seco repartíronse 10 composteiros individuais. Polas características deste barrio todas as persoas teñen casa con finca ou xardín, por este motivo…

Vertido de gasoil na praia de Lourizán

No decurso da mañá do pasado día 4 de novembro membros da APDR e da Confraría de Lourizán puideron observar a presenza dun chamativo vertido negro sobre a area da praia de Lourizán, un vertido que semella ser gasoil ou algún outro derivado do petróleo. Inmediatamente foron chamados os servizos da Garda Civil que, no…

Quen se está a lucrar cos trofeos ilegais de lobo?

A Xunta vén de respostar á recente denuncia de ADEGA sobre as ofertas de trofeos de lobo en Galiza aparecidas na internet (Ancares e Ribeira Sacra) confirmando con moitos rodeos que esa práctica é ilegal. Porén, a Reserva de Ancares aprobou en 2015 a caza de tres exemplares en paralelo co ofertado ilegalmente na rede……

Roteiro pola protección do Monte da Paralaia

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 15 de novembro un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural do Monte da Paralaia e a súa contorna natural, compartido entre os concellos de Moaña e Bueu e integrado dentro de espazo natural do Carballal de Coiro en solo…

Un tigre de Bengala entre ferranchos no encoro da Fervenza

Os colectivos ADEGA, GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) e Hábitat solicitamos recentemente á Dirección Xeral de Conservación da Natureza información sobre a presenza dun exemplar de tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) nas instalación da empresa Naturmaz, localizadas ao carón do encoro da Fervenza (Aérodromo da Fervenza), concello de Mazaricos. Nunha recente visita…

Verdegaia esixe a liberación das persoas detidas inxustificadamente esta madrugada

Esta madrugada, as forzas represivas do estado irromperon na casa dunha compañeira de Verdegaia, e detivérona, sen que de momento poidamos saber nada dela, pois o seu teléfono non está operativo. Esta detención absolutamente inxustificada, enmárcase dentro do que desde a policía se deu en chamar “Operación Jaro”, un operativo que se di dirixido cara…

Edgewater manobra cara aos seus investidores ao fracasar o seu proxecto e o Goberno Español recorre un artigo da lei da minaría de Galicia aprobado polo Partido Popular

En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain“, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao…