Gañaremos o futuro, ENCE FÓRA

Iniciamos un camiño conxunto para reclamar a saída de ENCE da Ría e o dereito ao futuro Nesta primeira acción conxunta, aberta a quen queira participar, xuntarémonos para facer unha pegada de carteis polo centro de Pontevedra … SÁBADO 26 ÁS 12 HORAS NA PRAZA DA PEREGRINA Animádevos a gañar o futuro …

Hábitat sen lixo en Novo Mesoiro

Este domingo, 27 de marzo do 2022, faremos unha limpeza de residuos baixo a iniciativa Hábitat sen lixo en Novo Mesoiro xunto coa ONGd Por Qué no? Unha asociación que ten a súa sede Local en Novo Mesoiro (A Coruña) e que promove a xustiza social en calquera parte do mundo a través de Proxectos…

Non imos calar: Eólica así non!

A Coordinadora Eólica Así Non! organizamos para o mércores 23 de marzo ás 12h. unha concentración diante do Parlamento galego polo dereito á información e á participación da cidadanía. Manifesto A cidadanía galega está sendo silenciada e condenada ao ostracismo máis absoluto. Vemos como se nos furtan dereitos fundamentais como o de participar democraticamente en…

26M: Eliminación de especies exóticas invasoras nos Montes do Chá, Ferrol

O DIA 26 DE MARZO volven as brigadas deseucaliptizadoras ao Monte do Chá a realizar diversos traballos en varias zonas do monte, na zona de Cariño machacaremos con machados rebrotes de eucalipto proximos á estrada e actuaremos sobre unha pequena zona de mimosas traballando con motoserras por parellas, asimismo na zona entre Liñares e Martín…

ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina 2021

Os galardóns entregaranse o 27 de marzo, no decurso da 46 Asemblea Xeral de ADEGA. Esta xa é a 21ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista. Este 2021 prémiase en positivo a loita fronte a invasión…

As afirmacións de Rafa Domínguez: perversidade ou simple ignorancia?

Tennos acostumado o portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, ás súas afirmacións gratuítas, que nada teñen que ver coa realidade. Porén, as realizadas nestas últimas datas en relación coa admisión polo Tribunal Supremo (TS) dos recursos de casación de ENCE e outras 10 entidades contra unha das sentenzas da Audiencia Nacional (AN) que anularon a…

A Serra do Xistral, terra de sacrificio para as eléctricas

A Serra do Xistral alberga 29 parques eólicos e concentra o 55% da potencia instalada na Rede Natura 2000. Por se fora pouco, agora pretenden construir unha central de bombeo  en caverna de case 1 GW. Somos carne de canón para as eléctricas! O proxecto da central reversíbel “Xistral” promovida por unha empresa unipersoal (Desarrollos…

A FEG diríxese á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando o Parque Eólico Xesteirón pola ocupación de Habitats protexidos

A Federación Ecoloxista Galega reitera a súa preocupación pola proliferación de proxectos de parques eólicos localizados en espazos naturais sensibles. A Administración segue a tramitar estes proxectos incumprindo a normativa europea: a FEG ven de dirixir un escrito á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo solicitando apertura de investigación para o cumprimento da Directiva 92/43/CEE…

O sábado 12-M desacaciamos Lentille

A Asociación Veciñal de Lentille volve reconvocar para o sábado 12 de marzo as Brigadas para seguirmos combatendo sen tregua as acacias nesta aldea do Ribeiro. Desta volta dividiremos os esforzos en erradicar pequenos enclaves de resistencia visando conectar áreas que xa foran desacaciadas coa axuda das Brigadas. Para vos apuntardes é preciso, alén de serdes Brigadistas, enviar…