A entrevista que mantiveron o pasado xoves a Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, e o Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, máis alá das interpretacións interesadas por parte deste último e do triunfalismo transmitido polos medios oficiais do Goberno galego, deixa as cousas practicamente igual que estaban. De acordo coa…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
ADEGA Lugo presenta o programa de roteiros 2021/22 “As nosas sagradas montañas”
O pasado domingo ADEGA Lugo deu comezo ao programa de roteiros do curso 2021/22 “As nosas Sagradas Montañas”. A Terra seria totalmente diferente se non houbese montañas, non seria habitábel. As montañas son sagradas porque elas condicionan o clima da Terra, cortan os ventos e provocan a precipitación das chuvias, nelas están as nacentes dos…
A FEG solicita ser parte no procedemento aberto da mina de Touro
O expediente da Mina de Touro volve estar aberto, desde que Cobre San Rafael SL presentou recurso de alzada contra a resolución negativa da Xunta para o proxecto mineiro. A FEG ven de solicitar personarse como parte interesada no expediente, co obxecto de alertar do perigo que representaría a reactivación da explotación. A Dirección Xeral…
Plogging no Monte da Fraga
O vindeiro sábado, 23 de outubro do 2021, celebrarase o primeiro Plogging no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira), organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat, para dar visibilidade do problema dos residuos no medio natural. Recorreremos o espazo retirando os residuos…
Resumo da limpeza en Montalvo do 16 de Outubro
Só puidemos recoller durante unha hora pois tivemos que retirarnos antes do esperado debido á choiva. Polo tanto só percorremos unha cuarta parte da lonxitude da mesma, pola súa parte leste. O volume recollido non foi moito, sen embargo é preocupante a cantidade de anacos pequenos de plástico atopados (entre 10 e 0,5 cm). Este…
A falsa retirada de CO2 nos montes de ENCE
É frecuente atopar nos xornais informacións subministradas pola empresa, nas que ENCE alardea de propiciar a retirada de dióxido de carbono (CO2 ) nas plantacións de eucaliptos que posúe ou xestiona ou naquelas nas que merca madeira para as súas fábricas. Pero este alarde oculta unha grande falsidade; de facermos un balance realista, comprobaremos clara…
Máis de 1000 persoas participaron na X edición da Limpeza Simultánea de Praias
Durante a pasada fin de semana (15 e 16 de outubro), unhas 26 entidades entidades e máis de 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na Décima edición da Limpeza Simultánea de Praias. Aínda que o tempo non acompañou,…
A Federación Ecoloxista Galega, xunto con outros grupos ecoloxistas e de defensa ambiental, manifestouse o pasado día 15 de Outubro en Ourense contra a gandería industrial
O pasado venres 15 de outubro, baixo o lema “Stop Gandaría Industrial, Moratorias Xa”, a Plataforma Auga Limpa Xa!, xunto ao Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega, organizadas baixo o paraugas da Coordinadora Stop Gandería Industrial, déronse…
O Concello de Lugo aproba o proxecto de urbanización da Esquina de San Roque obviando un recente informe do ICOMOS
En xaneiro de 2019 o Concello de Lugo aprobou unha modificación do planeamento urbanístico no quinteiro que fai a esquina da rúa San Roque co Carril das Flores-Camiño Primitivo- (designado como “quinteiro 214A” no Plan Especial de protección do Conxunto histórico de Lugo). Na tramitación deste novo planeamento presentara alegacións a Delegación en Lugo do…
O CES pide información pola ampliación de camiños no espazo protexido do Umia o Grove
Durante o mes de agosto deste ano se estivo a facer unhas obras de ancheamento do vial costeiro preexistente no lugar dos Leirós, en Vilalonga (Sanxenxo). Ditas obras tiveron como consecuencia a corta de vexetación e vertido de terra ao mar próximo. O lugar de Os Leirós localízase na Zona de Especial Protección dos Valores…
Que nos escoiten o 16 de Outubro en Madrid
A Federación Ecoloxista Galega apoia e chama a participar na manifestación contra a invasión eólica do día 16 de outubro en Madrid convocada por Aliente, da que formamos parte. A FEG expresa o seu apoio a esta convocatoria realizada por Aliente (https://aliente.org/) que busca a concienciación social e a protesta contra un modelo de transición…
A APDR diríxese ao Presidente do Consello Consultivo de Galicia
Fronte á decisión do Goberno galego de solicitar ao Consello Consultivo de Galicia que emita un Informe sobre a viabilidade de que os terreos gañados ao mar que hoxe ocupa ENCE, pasen a formar parte do solo pertencente á Autoridade Portuaria, a APDR vén de poñerse en contacto co Presidente da amentada Institución para trasladarlle…