A Federación Ecoloxista Galega reitera a súa preocupación pola proliferación de proxectos de parques eólicos localizados en espazos naturais sensibles. A Administración segue a tramitar estes proxectos incumprindo a normativa europea: a FEG ven de dirixir un escrito á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo solicitando apertura de investigación para o cumprimento da Directiva 92/43/CEE…
Categoría: Biodiversidade e espazos naturais
A administración dá osíxeno ás eólicas mentres afoga á cidadanía
Non só a Xunta favorece ás empresas eólicas poñendo atrancos á participación pública. Tamén o Ministerio de Transición Ecolóxica vén de ampliar os prazos dos trámites para a autorización de parques eólicos, outorgando ás empresas 9 meses máis para facerse cos permisos. Mentras, cidadanía e concellos vemos como os prazos de consulta son cada vez…
A Xunta tramita a ampliación dunha canteira en Láncara, alegal dende 1983
A canteira “Costal Vello” leva operando décadas sen delimitación, plano de restauración e estudo de impacto. Agora, para poder ampliar e entrar no negocio do formigón, toca poñer ao día esas “omisións”. Como puido operar case 40 anos sen papeis? Un plano de restauración e un estudo de impacto ambiental “que non constaban”… Segundo a…
Galiza, máis desprotexida, 10 anos despois da última ampliación frustrada da RN2000
O día 22 de decembro de 2011, saía a exposición pública a última proposta de ampliación da Rede Natura 2000 para Galiza, un día despois de que Samuel Juárez, o daquela conselleiro do Medio Rural, a presentara no Parlamento de Galiza. Con isto deu comezo o procedemento de ampliación e actualización dos Lugares de Importancia Comunitaria…
5+1 falsidades para branquear o eucalipto na actual moratoria
ADEGA vén de denunciar unha roza masiva de matogueira ben conservada, seguida poucos días despois dunha apertura de sucos destinados a plantar eucaliptos, no concello de Sobrado dos Monxes. Os sucos pasaban mesmo por un prado recentemente pastado contiguo á xa desaparecida matogueira. En abril, os produtores de madeira recoñecían que “se lles foi a…
A conservación do lobo, en risco pola avalancha de proxectos eólicos
ADEGA vén de trasladar ao Ministerio as súas propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos científicos e obxectivos pretenden contribuir a mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é xa irreversíbel. Unha poboación de lobo estancada dende hai 30…
O CES pide información pola ampliación de camiños no espazo protexido do Umia o Grove
Durante o mes de agosto deste ano se estivo a facer unhas obras de ancheamento do vial costeiro preexistente no lugar dos Leirós, en Vilalonga (Sanxenxo). Ditas obras tiveron como consecuencia a corta de vexetación e vertido de terra ao mar próximo. O lugar de Os Leirós localízase na Zona de Especial Protección dos Valores…
ADEGA dá os primeiros pasos para xudicialización da desfeita eólica
As instalacións dos parques eólicos “Bustelo” e “Monte Toural” promovidas por Greenalia sitúanse na contorna da Braña Rubia-Lagoa de Alcaián e nas proximidades do Monte Castelo. Nesta reducida área atópanse en tramitación outro parque eólico “Campelo”, tamén promovido pola empresa da ex-conselleira Beatriz Mato. Son tres parques da mesma promotora, que coinciden na mesma área…
Fraga de Catasós: 21 anos de espera por un plano de conservación pouco ambicioso
A Xunta somete a consulta o plano de conservación do Monumento Natural da Fraga de Catasós, 21 anos despois da súa declaración. O texto volta a esquecer as demandas de ecoloxistas e concellos para ampliar e dotar de coerencia a este espazo. ADEGA ALEGA AO DECRETO DO PLAN DE XESTIÓN DA FRAGA DE CATASÓS PARA…
A Federación Ecoloxista Galega alega contra o Proxecto do Parque Eólico do Castrove
A Federación Ecoloxista Galega, vén de remitir á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, un informe sobre o proxecto do Parque Eólico Castrove e o alcance que debería ter o Estudo de Impacto Ambiental do mesmo. Este informe, solicitado pola Dirección Xeral, responde ao Documento de…
Xornadas sobre ornitoloxía na Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”
Gústanche as aves? Queres aprender sobre elas ou desfrutar dunha apaixonante xornada de campo tentando ver o maior número de especies nun só día? Pois xa agardámoste os vindeiros 11 e 12 de setembro, coas Xornadas sobre ornitoloxía na Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Coñecerás os mellores lugares para a observación…
IX promoción Escola de Naturalistas. Piornedo, beleza ao natural.
Continuamos coa IX Promoción da Escola de Naturalistas unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo. Nesta segunda xornada viaxaremos ata un dos espacios naturais máis importantes de Galicia, Piornedo, no corazón dos Ancares, para realizar…