Esta semana desacaciamos no Hío!

A Comunidade de Montes Veciñais do Hío (Cangas) convoca a súa primeira intervención en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia o sábado 7 de marzo. Imos arrincar e descascar acacias na zona dunar de Nerga, no LIC Costa da Vela, un traballo que dividiremos en grupos nas que unhas arrancarán novas prantas e outras serán…

En marzo… plantamos en Coruxo o 1 e desacaciamos no Hío o 7

O domingo 1 de marzo achegarémonos novamente ás ribeiras do regato do Pontón, coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coruxo, que desenvolve unha intensa actividade de restauración ambiental do seu territorio. Agora que a invasión de eucaliptos -que cubrían inicialmente este lugar- está a ser controlada, continuaremos o labor de recuperación coa plantación de diversas especies de árbores…

ADEGA celebrará este sábado en Carballo a súa 44ª Asemblea Xeral

Este sábado, 29 de febreiro, a asociación ADEGA celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria Anual na que congrega aos seus asociados e asociadas para dar conta da súa actividade durante o ano 2019, das contas anuais e do informe de organización, ademais de acordar as liñas estratéxicas de traballo para este ano 2020. O encontro, que…

22 de febreiro – Hábitat sen lixo: Lagoa e Praia de Baldaio

“Hábitat sen lixo” é o  nome baixo o cal o Grupo Naturalista Hábitat vai englobar as iniciativas que se fagan de retirada de residuos nos nosos espazos naturais. A primeira cita con esta actividade terá lugar na contorna da Lagoa e praia de Baldaio (Carballo), na que colaborarán os colectivos ecoloxistas ADEGA, Senda Nova e Ecoloxistas en Acción,…

Vaipolorío celebra un ano máis o Día Mundial dos Humidais

VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS) DÍA:Domingo 2 de febreiro do 2020 SAÍDA:10h da ponte da condesa DURACIÓN : 2 horas aprox. Amancio Castro menbro de Vaipolorío, profesor de Ciencias Naturais e Educación Ambiental amosará a riqueza biolóxica deste espazo Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día…

9-F Deseucaliptizamos Darbo (Cangas)

A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas), en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, convocan a primeira brigada deseucaliptizadora no Morrazo o domingo 9 de febreiro . Que faremos? Imos arrincar brotes de eucaliptos nos montes de San Roque, tras a corta feita no ano 2018; algúns pódense arrincar a man directamente e para…

Sábado 25 de xaneiro: Xornada de voluntariado no Monte da Fraga

Para comezar coas actuacións de custodia no Monte da Fraga en 2020 organizamos esta actividade de voluntariado, que consiste nunha plantación de loureiros no borde superior da ladeira coa intención de facer un filtro verde. Esta plantación comezou o curso pasado e este ano darémoslle continuidade. Participa activamente na recuperación dun espazo, estes terreos pertencentes…

Plantación de autóctonas en Ferrol o 18 de Xaneiro

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados en 2019 no monte do Calexón (Valón), dando continuidade ás de 8 de xuño e 14 de decembro. Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas e enviar un correo electrónico á persoa coordinadora da brigada: feryanezmarcelin@gmail.com Data límite para…

Eliminación de flora exótica invasora en Fisterra polo Día dos Humidais

O sábado 1 de febreiro de 2020 desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental e diversidade botánica. A actividade será na praia do Rostro e actuarase…

Deseucaliptizamos Coruxo o 11 e Valón o 18

ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PLANTACIÓN DE NATIVAS Chegaron as dúas primeiras convocatorias das Brigadas deseucaliptizadoras deVerdegaia para 2020. Están previstas para Coruxo, no concello de Vigo, para o sábado 11 de xaneiro; e en Valón, concello de Ferrol, para o sábado 18. Animamos á xente a non demorar en apuntarse, pois as prazas…

Sociedade Galega de Historia Natural e Hábitat Protexen a Praia de Sada

Para rematar o ano 2019, queríamos facer algo especial. Lévamos ata o de agora 7025 m2 de espazos protexidos polas doazóns das accións realizadas con Hábitat Protexe e das cotas dos nosos socios e gustaríanos CHEGAR Á HECTÁREA CONSERVADA este ano. Por iso, iremos o domingo, 29 de decembro do 2019 de 10:30h a 13:30h,…

ADENCO festexa 30 anos de actividades micolóxicas coa presentación dunha revista conmemorativa

O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou este sábado, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, coa presenza de numeroso público e representantes políticos da Comarca, 30 anos de actividades micolóxicas continuadas. O acto foi conducido por Alejandro Mínguez, periodista e divulgador micolóxico de Celanova, membro dunha familia de afeccionados á micoloxía moi coñecidos en Ourense,…