O Grupo Naturalista Hábitat ven de ser recoñecido como Entidade de Utilidade Pública (DOG de 3 nov 2022). Esta categoría concédese a aquelas asociacións sen ánimo de lucro que, cumpran de maneira efectiva cos fins marcados nos seus estatutos cunha adecuada organización de medios materiais e humanos e nas que a súa actividade produce un beneficio que…
Categoría: Difusión, publicacións
12 meses, 12 invasoras: Campaña anual para combater a perda de biodiversidade
Verdegaia presenta a campaña “12 Meses, 12 Invasoras’” que decorrerá ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI). As Especies exóticas invasoras son a segunda principal causa de perda de biodiversidade. Ao estenderse impiden o desenvolvemento das especies autóctonas provocando unha alteración no equilibrio dos ecosistemas….
27D: Tradicional “Roga de San Silvestre” en Froxán (Lousame)
Este ano as Brigadas voltan a xuntarse en Froxán (Lousame), para a tradicional “Roga de San Silvestre”, na que poderedes graxear e poñervos en forma restaurando o bosque nativo. Este ano a contraprogramación festiva fai que non puidésemos marcar a convocatoria en fin de semana, máis agardamos que moitas de vós aínda vos acheguedes o martes 27 de decembro,…
Comezo da XI promoción da Escola de Naturalistas!
Aínda lembrando todos os bos momentos compartidos cos compañeiros da pasada edición da Escola e xa comezamos unha nova promoción de Escola de Naturalistas, que chega á súa décimo primeira edición. Escola de Naturalistas é unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas…
Senda Nova pecha coa Vía Alcaianus o XI Outono en Marcha
O pasado día 27 celebrouse a última das andainas deste XI OUTONO EN MARCHA. Desta volta, os camiñantes amencían na meseta do Xallas, preto da lagoa de Alcaián. Estaban encargados de chegar a Carballo entrando a través do seu núcleo orixinario e seguindo as pegadas dunha antiga vía romana que uniría a meseta do Xallas…
G.N Hábitat, Avaliación da saúde do solo nunha granxa ecolóxica de vacún de leite
O vindeiro martes, 29 de novembro do 2022, terá lugar a xornada titulada “Avaliación da saúde do solo nunha granxa ecolóxica de vacún de leite en comparación coa finca experimental do CIAM.“, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o G. N. Hábitat en Casa Grande de Xanceda. Nela exporanse publicamente os resultados obtidos…
A Coruña acollerá unha xornada sobre limpezas ecolóxicas de praias, no centro Cultural Alexandre Bóveda o venres 25N
Coincidindo coa Semana Europea de prevención de Residuos, o vindeiro venres, 25 de novembro, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) celebrará unha xornada divulgativa titulada “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas” na cidade da Coruña, que estará aberta ao público xeral. O encontro, que conta co apoio económico do concello…
A 11 Edición da Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo xa roda polos camiños da bisbarra
25 familias déronse cita o pasado sábado ás 12 da mañá para dar a benvida a outra edición máis da ESCOLA AMBIENTAL. Nenos e nenas de diferentes centros de ensino de Carballo xuntáronse en Oza con membros de Senda Nova e tamén con Miguel Vales ( Concelleiro de Medio Ambiente para recibir a cando a…
G.N Hábitat parcicipa nas Xornadas de eco- deseño para paisaxes resilientes
O vindeiro venres, 25 de novembro, o G.N.Hábitat participará nas “Xornadas de eco- deseño para paisaxes resilientes” que organiza a Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, co patrocinio da Deputación da Coruña. Unhas xornadas formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a súa actividade no eido do deseño, execución e xestión de espazos públicos, técnicos municipais…
Obradoiro de montaxe de caixas niño e refuxios de fauna no Monte da Fraga
Este xoves, 17 de novembro, da man da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC), realizaremos un novo taller de montaxe de caixas niño e refuxios de fauna. A xornada terá por obxectivo dar a coñecer a importancia destas estruturas elaboradas a prol da natureza, que posibilitan un espazo de acubillo e cría para diferentes especies animais. Estes…
ENCE: Excusatio non petita….
A “Asociación Pola Defensa da Ría” vén de celebrar cun debate público os 20 anos da condena a ENCE pola comisión dun delito tipificado como “delito ecolóxico”. Daquela, púidose probar que tanto ENCE como ELNOSA incumprían a lexislación de aplicación aos vertidos á Ría e ás emisións á atmosfera e, ademais, que como consecuencia deses…
Xornada de presentacións con Senda Nova
Coa chegada do outono comeza unha nova tempada de actividades en Oza, un ano máis ponse andar unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova Concello de Carballo, e tamén damos a benvida a unha nova xeira de actividades do Inverno Ancestral, que acada xa a VII edición. O vindeiro sábado 19 de novembro, no…