Día mundial das zonas Húmidas no Encoro de Abegondo

Hoxe é o Día Mundial das Zonas Húmidas, este día estableceuse tras o Convenio de Ramsar que se celebrou no ano 1971 (e entrou en vigor no ano 1975) para protexer as zonas húmidas do planeta e o seu uso racional. Estas zonas son moi importantes, non soamente pola biodiversidade que albergan, senón tamén polos…

Calendario 2022 do G.N Habitat, xa dispoñible!

Comprácenos comunicarvos que xa está dispoñible o calendario 2022 do G.N.Hábitat, que xorde como resultado das obras participantes na IX convocatoria do Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, bautizada baixo o subtítulo de “A vida a rentes do chan”. Dende Hábitat, comprometidos coa divulgación ambiental, queremos facer novamente que esta…

CoruñaAves: XII maratón ornitolóxica do Concello de A Coruña 2021

Despois dun ano de ausencia debido á situación sanitaria, o vindeiro domingo, 12 de decembro do 2021, ven connosco a disfrutar dunha nova edición do CoruñAves. Consiste nunha actividade lúdica na que se procura, ao longo dunha mañá, de ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves dentro do Concello…

BioDiversidade volve cos rapaces con altas capacidades

Ao longo deste mes de decembro, e un ano máis da man dos nenos e nenas vinculados a Latento (expertos en Altas Capacidades), celebraremos novas actividades no marco da nosa iniciativa BioDiversidade, coa que pretendemos acadar unha integración e participación activa no eido ambiental, a través da colaboración con diferentes colectivos da sociedade. Desta volta continuaremos…

IX certame de debuxo da natureza “Vida silvestre no encoro de Cecebre”

Chegamos xa á 9ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o IX CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Este ano, baixo o título “A vida a rentes…

Aberto o prazo de inscripción para a X promoción da escola de Naturalistas

Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a X promoción da nosa Escola de Naturalistas! Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade Galega. Nela, ao longo dos…

Plogging no Monte da Fraga

O vindeiro sábado, 23 de outubro do 2021, celebrarase o primeiro Plogging no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira), organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat, para dar visibilidade do problema dos residuos no medio natural. Recorreremos o espazo retirando os residuos…

Outono en marcha: Dez anos polas paisaxes ocres de Bergantiños

Velaquí o convite a unha nova xornada no marco dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión teremos  a sorte de contar cos compañeiros da Asociación Ambiental Senda Nova, entidade sen ánimo de lucro que conta entre os seus principais obxectivos coa posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico das comarcas de Bergantiños, Soneira e…

Pasado, presente e futuro da Ría do Burgo

En vista da estupenda aceptación que tivemos días atrás no roteiro interpretativo para coñecer in situ o Patrimonio Natural e Humano da ría do Burgo, se cadra é bo momento para profundizar no pasado, no presente, e no futuro deste espazo natural, dende diferentes perspectivas e sensibilidades. E nada mellor para este repaso temporal que…

IX promoción Escola de Naturalistas. Piornedo, beleza ao natural.

Continuamos coa IX Promoción da Escola de Naturalistas unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo. Nesta segunda xornada viaxaremos ata un dos espacios naturais máis importantes de Galicia, Piornedo, no corazón dos Ancares, para realizar…

Obradoiro de iniciación á fotografía de natureza con cámaras “brigde”

Se es un apaixonado da flora e fauna e queres sacarlle un bo rendemento a túa cámara compacta, este domingo tes unha estupenda ocasión para iniciarte nunha actividade que combinará dous fermosos eidos: a fotografía e a natureza. Guiados por Xabier Prieto Espiñeira, avezado naturalista ferrolán e autor do blogue “Bichos e demais familia“, coñeceremos…