Xubia-Castro: outro espazo protexido estragado polos eucaliptos

Fragas do Eume, Xistral, A Mariña, Careón, Macizo Central, Courel… os monocultivos de pirófitas, nomeadamente de eucalipto avanzan mesmo no interior destes espazos protexidos. Malia á recente aprobación do Plano Director da RN2000, determinadas actividades que comprometen a conservación do patrimonio natural destes valiosos espazos, quer as talas de bosque e mato autóctono para substituilo…

O CES gaña a demanda pola urbanización do Monte do Fraro en Sanxenxo

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) acaba de recibir a notificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se estima a nosa demanda e declárase a NULIDADE do Acordo do Pleno do Concello de Sanxenxo polo que se procede á Aprobación Definitiva do Plan Parcial do solo urbanizable nº 14 (SU-14) en Monte…

Salvar as fragas de Catasós

No pasado domingo 25 de xaneiro, Verdegaia colaborou na realización dun roteiro por este conxunto de fragas situadas no concello de Lalín. Máis de 300 persoas camiñamos para coñecer este espazo de simbiose entre hábitat rural e natureza, hoxe ameazado polo proxecto dun tendido eléctrico da empresa Gas Natural – Fenosa. Actualmente esta obra está…

Ecoloxistas continúan a súa loita contra a autovía a-54

Esta infraestrutura parte o LIC Serra do Careón e afecta a dúas plantas en perigo de extinción. – Un representante da Federación Ecoloxista Galega (FEG) levará a Bruxelas a oposición deste colectivo ao trazado da autovía A-54 entre Arzúa e Palas de Rei. Esta infraestrutura afecta á área de maior valor biolóxico do LIC Serra…

ADEGA insta aos grupos parlamentarios a mollarse pola Cova de Eirós

Representantes de ADEGA entrevistáronse o pasado luns cos diferentes grupos políticos do Parlamento Galego para expoñer a situación de risco pola que está a atravesar a Cova de Eirós de Triacastela, logo de que Cementos Cosmos eliminase a capa de solo e de material xeolóxico que protexía a planta da cavidade. Adela Figueroa e Fins…

Detéctanse graves deficiencias nas obras de restauración das Gándaras de Budiño financiadas pola UE

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación Española de Herpetogía (AHE) e Verdegaia veñen de apresentar un escrito común (PDF) solicitando que se cumpra o “Proxecto de Restauración do LIC Gándaras de Budiño”, tal como se especifica no “Convenio de Colaboración entre el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y la Comunidad Autónoma…

Ecoloxistas e investigadores/as en defensa das nosas árbores senlleiras fronte á desprotección que pretende a Xunta

  A Xunta xustifica a proposta de modificación do Decreto 67/2007 pola necesidade de “simplificar” o procedemento de catalogación e descatalogación. Porén, dende a súa aprobación e as primeiras incorporacións, houbo despois moi poucas propostas: Dende a súa criazón, o catálogo actualizouse unha soa vez, en outubro de 2011. Ula pois a urxencia? Tampouco se…