A Asociación Pola Defensa da Ría, integrante da Federación Ecoloxista Galega e da Plataforma contra as Fumigacións, participando da inquedanza de sectores produtivos (como a agricultura, gandaría, apicultura, …), ecoloxistas, veciñais, culturais, socias, sindicais e de consumo, ven alertando dos riscos que para a biodiversidade e para a saúde supón o uso xeneralizado de herbicidas…
Categoría: Ecoloxía e sustentabilidade
A APDR participou en levar ao parlamento europeo o debate sobre electrosensibilidade e a contaminación electromagnética nas escolas
A APDR, coordinación galega da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) e Electrosensibles polo dereito á saúde, con motivo da conmemoración do día contra a contaminación electromagnética, coorganizou unha xornada o venres 26 de xuño na oficina do Parlamento europeo en Madrid co título de Cara a un recoñecemento integral da electrohipersensibilidade en Europa?…
Adega propón uns consellos para celebrar o Lume Novo sen queimar o ambiente
Alén de instar á veciñanza, comisións de festas e concellos para que teñan previsto medidas de seguridade nas cacharelas, coidando que a súa ubicación non xere riscos para as persoas e impactos no medio, non é menos importante ter en conta a enorme cantidade de refugallos que se produce esta noite, que con frecuencia rematan…
O Colectivo Ecoloxista do Salnés rexeita a eliminación de árbores na remodelación de Vilagarcía
Con motivo da recente controversia arredor da eliminación dunha árbore de avanzada idade na Praza de España en Vilagarcía de Arousa, o Colectivo Ecoloxista do Salnés realiza as seguintes valoracións: 1. O arbolado de vilas e cidades debe ser defendido, polas súas importantes contribucións á calidade de vida e a mellora ambiental do medio urbano….
ENCE quere fumigar Pontevedra (e o resto da Galiza)
Cando o presidente de ENCE, Juan Luis Arregui, afirmaba na Xunta Xeral de Accionistas de abril que a empresa “no va a defraudar a Pontevedra” implantando proxectos “que permitirán garantizar la excelencia medioambiental” e “sellar un nuevo pacto con Pontevedra y su comarca”, ninguén podiamos pensar que estaba a aludir á fumigación masiva de milleiros…
O CES considera urxente a posta en funcionamento dun plan de compostaxe de materia orgánica para levar a cabo no Salnés.
O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) elaborou en abril un documento con propostas de xestión ambiental de ámbito municipal e distribuíno aos partidos políticos que se presenten ás eleccións de maio de 2015 nos concellos do Salnés. Dentro deste documento, e a modo de medida urxente, o CES propón un cambio no modelo de xestión…
A compostaxe comunitaria avanza en Monforte e na UDC
Este sábado fixemos unha actividade na área de compostaxe de Monforte. Presentamos este proxecto á veciñanza da Pinguela que pouco a pouco comezan a botar os restos orgánicos neste composteiro comunitario. A pinguela é unha urbanización de Monforte conformada por catro bloques de edificios, unhas 72 vivendas en total, rodeadas de zona axardinada. Unha vez…
A Fundación EIRA, declarada de interese galego para a defensa do medio natural
A recén constituida Fundación EIRA asumirá a organización, xestión e desenvolvemento de diferentes actividades de interese xeral que terán centro o equipamento da Eira da Xoana. A Eira da Xoana, constituída fisicamente por unha casa e finca sitas na parroquia de Ramil, no Concello de Agolada, nace en 2007 como resultado dun proxecto de ADEGA…
Resposta da APDR ao presidente Núñez Feijoo
Temos que recoñecer que nos teñen chamado a atención as declaracións feitas onte polo Presidente da Xunta a propósito do tema ENCE; pero non porque teña apostado abertamente pola súa permanencia na Ría de Pontevedra, pois esta e non outra foi sempre a posición mantida polo Partido Popular por máis que a teñan defendido ás…
Actividade de restauración ambiental na barreira de Orbenlle dentro do LIC Gándaras de Budiño (O Porriño)
Dentro do traballo medioambiental que a SGHN, AHE e Verdegaia veñen desenrolando no espazo natural Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, o domingo 8 de febreiro de 2015 tivo lugar unha actividade de voluntariado ambiental dentro do LIC. O motivo desta actuación foi contribuir a acadar dous dos obxectivos xerais de conservación para…
´Kit de emerxencia´ fronte a plantacións ilegais de eucaliptos
O aumento do cultivo do eucalipto vén da man do abandono agrario e do declive do medio rural galego. A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional, de implicación ambiental e social orquestada dende a administración (“El mundo rural está condenado a desaparecer”, Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural dixit) fai que o destino de moitos…
O Colectivo Ecoloxista do Salnés solitica a revisión do PXOM do Grove
O Colectivo Ecoloxista do Salnés presentou 17 alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Grove e ao Informe de Sostibilidade Ambiental asociado, que estivo a exposición pública ata hoxe. De xeito xeral, neste documento de alegacións, o CES solicita ao Concello que refaga o PXOM, analizando as numerosas alegacións presentadas por veciños e…