O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de ter coñecemento do proxecto de restauración da senda do Tea en Mondariz. ADENCO considera que as obras solicitadas polo concello de Mondariz á Confederación Hidrográfica Miño Sil contemplan actuacións irracionais desde os puntos de vista técnico, económico e ambiental. Nese senso, o Colectivo ten comunicado recentemente a diferentes administracións…
Categoría: Medio fluvial
ADENCO denuncia un novo verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea
Este pasado sábado tivo lugar outro atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido pertencente á Rede Natura vén derivada novamente dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira, ao curso fluvial. Tras ser verificado o atentado ecolóxico in situ por varios membros…
Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvases e captacións
ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións. Estas medidas deben complementarse cunha aposta decidida pola educación ambiental para mudarmos progresivamente o actual paradigma consumista, tendo en conta a cada vez máis escasa dispoñibilidade…
O salmón do Ulla ameazado de extinción pola reapertura da mina de Touro
Un estudo publicado recentemente na revista Environmental Pollution amosa que analisando os metais pesados nas escamas dos salmóns capturados no Ulla pódese medir o impacto da mina de Touro na contaminación de cobre (Cu) e o seu efecto nas poboacións de salmon. Os resultados indican claramente que as verteduras da mina a ceo abierto de…
ADENCO denuncia un importante verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea
O pasado domingo tivo lugar outro terrible atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido vén derivada dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira. Ao ter coñecemento destes feitos, varios membros de ADENCO desprazáronse ao lugar e, vista a situación, decidiron interpor…
As concentracións de lindano nalgúns puntos do río Louro multiplican por 10 o máximo permitido
A recente alarma xurdida pola detección de significativas cantidades de lindano en diversas traídas veciñais no Porriño, pon o foco na deficiente xestión que deste perigoso contaminante teñen feito as administracións. Entre 1947 e 1964 a compañía Zeltia fabricou lindano (HCH) e outros pesticidas nunha planta do polígono de Torneiros, en O Porriño (Pontevedra). Máis…
ADENCO considera positiva a rectificación do Concello de Ponteareas na senda no Tea de Padróns a Fozara
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten coñecido recentemente o novo Proxecto de senda fluvial no treito de Chan de Gándara en Padróns ate Fozara que foi aprobado polo Pleno de Ponteareas. Neste Proxecto modificado, e tras dous anos de loita do colectivo ecoloxista, existen importantes cambios, sobre todo o feito de que as principais actuacións están…
A Confederación Hidrográfica multa ao concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido esta semana notificación da sanción imposta aos Concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do río Tea. Estas actuacións, denunciadas por ADENCO en decembro de 2016, foron realizadas, segundo consta na Resolución, sen autorización administrativa da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A presente sanción ao Concello de Ponteareas,…
760 persoas en 49 concellos retiran máis de 10 toneladas de lixo dos ríos galegos
Fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean…
Encargar a INCA 5 novos proxectos relacionados co Miño é unha ofensa para todos os lucenses
Onte, cando se cumpría o aniversario da segunda paralización das polémicas obras da minicentral da Fábrica da Luz no río Miño en Lugo, adxudicadas a INCA Servicios y Ingeniería SA, vimos de coñecer que o Concello volve adxudicar a esta mesma empresa o desenvolvemento dos cinco primeiros proxectos do programa “Da Muralla ao Miño”, no…
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador a Unión Fenosa por actuacións no río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido notificación da apertura dun novo expediente sancionador vinculado con actuacións no río Tea. Nesta ocasión, despois da denuncia de ADENCO, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil decidiu a apertura dun expediente sancionador a Unión Fenosa por incumprimento das condicións que tiña autorizadas na poda e corta de vexetación para o mantemento…
As plantacións de eucaliptos diminúen a diversidade e a vida dos ríos
Texto baseado no artigo “Influencia dos monocultivos de eucaliptos nos ecosistemas fluviais” de Adolfo Cordero, Alba Martínez e Maruxa Álvarez. A cantidade, estacionalidade e calidade (composición específica) das follas e doutros restos vexetais son os factores máis relevantes no control do funcionamento enerxético dos ríos. Follas de baixa calidade ou difíciles de procesar, como as…