Galiza, a terra dos máis de 1000 humidais… sen protección A figura de humidal protexido galego criouse durante o goberno bipartito mediante o Decreto 127/2008, ao que xa de entrada incorporáronse os 5 humidais Ramsar declarados polo Estado en Galiza. A mesma norma, criaba tamén o Inventario de Humidais de Galiza (IHG), paso previo para…
Etiqueta: ADEGA
ADEGA dá comezo ao primeiro curso técnico de compostaxe descentralizada
En ADEGA levamos máis de 20 anos traballando a prol da compostaxe e da xestión sustentable dos residuos. Por iso organizamos un curso de compostaxe denominado “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” que terá lugar no concello de Ames. O obxectivo principal deste curso é formar a profesionais nos diferentes procesos e técnicas de compostaxe, coñecer e determinar a…
ADEGA celebra o día da terra cunhas xornadas para promover un estilo de vida sustentábel
O vindeiro venres 22 de abril comezan as xornadas que ADEGA, en colaboración coa USC e a UNED de Lugo organiza nos campus universitarios. Unha semana de mesas redondas e conferencias coas que coñecer proxectos, asociacións e colectivos que promoven un estilo de vida sustentábel, acorde coas necesidades de cambio hábitos que nos esixe a…
15 anos do Catálogo Galego de Especies Ameazadas e de inacción administrativa
Esta semana, cúmprense 15 anos da aprobación do Decreto 88/2007, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas (no sucesivo CGEA). Eran 193 especies de animais e plantas as listadas, 74 delas En perigo de extinción e 119 Vulnerables, isto é, no chanzo previo a perigo de extinción. Nesta década e media houbo…
ADEGA e Narón alertan sobre a expansión dunha planta invasora na Costa Ártabra
ADEGA-Ferrolterra, xunto co Concello de Narón, por medio do seu concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, vñeen de denunciar diante da Consellaría de Medio Ambiente a expsansión descontrolada que está experimentando unha planta exótica invasora na Costa Ártabra, nomeadamente no municipio de Narón. Trátase da especie Helicrisum petiolare. Desde ADEGA e o concello de Narón denuncian…
O Ministerio dinamita o procedemento de avaliación ambiental dos proxectos de renovábeis
Un decreto estatal suspende por tres anos (até decembro de 2024) a tramitación ambiental dos parques eólicos e centrais solares, substituíndoa por un informe de parte sen consulta pública. Asemade, redúcense e concéntranse os prazos e trámites, tal como fixera Feijóo coa lei de “depredación”. O Real Decreto-Lei 6/2022 polo que se adoptan medidas urxentes no…
Loita contra a invasión eólica, o eucalipto, a incineración do lixo e a emerxencia ambiental global: retos de ADEGA en 2022
A Asociación ecoloxista ADEGA celebrou onte a súa 46ª Asemblea Xeral de socios e socias na que fixo balanzo do traballo de 2021 e na que tamén acordou as liñas estratéxicas da organización durante 2022. Os socios e socias de ADEGA determinaron manter latente a mobilización social e a ofensiva ecoloxista contra a actual avalancha…
ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina 2021
Os galardóns entregaranse o 27 de marzo, no decurso da 46 Asemblea Xeral de ADEGA. Esta xa é a 21ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista. Este 2021 prémiase en positivo a loita fronte a invasión…
A Serra do Xistral, terra de sacrificio para as eléctricas
A Serra do Xistral alberga 29 parques eólicos e concentra o 55% da potencia instalada na Rede Natura 2000. Por se fora pouco, agora pretenden construir unha central de bombeo en caverna de case 1 GW. Somos carne de canón para as eléctricas! O proxecto da central reversíbel “Xistral” promovida por unha empresa unipersoal (Desarrollos…
O TSXG admite a trámite os tres recursos contenciosos de ADEGA contra os parques de Greenalia
A asociación ecoloxista ADEGA e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica veñen de recibir notificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) pola que se dá conta da admisión a trámite dos recursos contencioso-administrativos interpostos por ambas entidades a finais do pasado mes contra a autorización de tres parques eólicos promovidos por…
O Ministerio incumpre a súa propia moratoria para a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas
En xuño de 2021 o Ministerio acordou paralisar a admisión de novos parques eólicos mariños mentras non se aprobara un marco nomativo propio para o sector. Porén, en novembro pasado ano admitíu a trámite o parque eólico mariño “Nordés” de 1,2 GW con 80 aeroxeradores de 15 MW cada un fronte á costa ártabra, promovido…
A administración dá osíxeno ás eólicas mentres afoga á cidadanía
Non só a Xunta favorece ás empresas eólicas poñendo atrancos á participación pública. Tamén o Ministerio de Transición Ecolóxica vén de ampliar os prazos dos trámites para a autorización de parques eólicos, outorgando ás empresas 9 meses máis para facerse cos permisos. Mentras, cidadanía e concellos vemos como os prazos de consulta son cada vez…