A nova planificación da bacía Miño-Sil, dependente do Ministerio, unha das máis sobre-explotadas de Europa, aínda permite seguir a aumentar a presión hidroeléctrica. Entre outras medidas, ADEGA pide que se veten por lei novos encoros e aproveitamentos nestes ríos, como xa acontece dende hai dous ciclos de planificación (15 anos) nas bacías de Galiza-Costa. Punto…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
O Monte Veciñal de Covelo rexeita o parque eólico da Telleira
A asemblea xeral do Monte Veciñal de Santiago de Covelo (concello de Covelo) acordou por unanimidade rexeitar a instalación na súa propiedade do parque eólico da Telleira, promovido polo grupo empresarial Adelanta. Así denunciamos o intento de espolio ambiental, paisaxístico, económico e cultural, non só no noso monte, senón en toda Galiza. O monte veciñal…
A FEG ven de remitir as súas achegas aos Plans Hidrolóxicos das demarcacións Galicia Costa e Miño-Sil
Dentro do prazo de exposición pública dos documentos que conforman os proxectos dos plans hidrolóxicos da Demarcación de Galicia Costa e da do Miño-Sil, a Federación Ecoloxista Galega ven de aportar as súas achegas solicitando modificacións que melloren a xestión sostible dos recursos hídricos e a conservación dos ecosistemas asociados á rede fluvial. Tense solicitado…
22 xaneiro: Plantamos castiñeiros e machacamos eucalipto en Vilaboa
No sábado 22 de xaneiro as Brigadas deseucaliptizadoras actuarán por primeira vez en Vilaboa (Morrazo) nunha parcela da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa. A xornada consistirá na reposición de castiñeiros e na eliminación de abrochos de eucalipto nunha parcela de case 1 hectárea onde xa están plantados castiñeiros de variedades tradicionais para a produción de…
A APDR presentou suxestións á modificación do Plan sectorial de ENCE
A “Asociación Pola Defensa da Ría” vén de presentar suxestións no “Trámite de consultas previas” do procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do plan denominado “Modificación nº 1 do Proxecto sectorial para o asentamento industrial de Lourizán (Pontevedra)”, un PSIS que foi ditado no seu día para a instalación dunha fábrica de papel tisú e…
Balanzo 2021: o ano do espolio disfrazado de transición verde
O 2021 foi o ano da oficialización do espolio do territorio galego a prol dun fraudulento interese xeral e dunha falsa transición “ecolóxica” non participada pola sociedade, baseada no sacrificio do medio ambiente e deseñada á vontade dos grandes lobbys económicos. Nomeadamente, a grande industria enerxética, forestal e mineira están a utilizar a escusa da…
Alegacións ao proxecto de actuación sobre as Presas de Residuos Mineiros N.º 1 e N.º 2 do Grupo Mineiro San Finx (Lousame), presentado por Tungsten San Finx S.L. no procedemento de restauración do Dominio Público Hidráulico afectado polas presas de San Finx
Alegamos as intencións da Empresa que xestiona as Minas de verter os residuos mineiros tóxicos e contaminantes á Ría de Muros-Noia Denunciamos a misteriosa “desaparición” das balsas de residuos convertidas agora en presas de centrais hidroeléctricas Aguas de Galicia e o Grupo Mineiro San Finx queren desta maneira evitar os preceptivos estudos de Impacto Ambiental…
Galiza, máis desprotexida, 10 anos despois da última ampliación frustrada da RN2000
O día 22 de decembro de 2011, saía a exposición pública a última proposta de ampliación da Rede Natura 2000 para Galiza, un día despois de que Samuel Juárez, o daquela conselleiro do Medio Rural, a presentara no Parlamento de Galiza. Con isto deu comezo o procedemento de ampliación e actualización dos Lugares de Importancia Comunitaria…
De que falan cando piden “adscribir os terreos de ENCE á autoridade Portuaria”? Resposta aos traballadores e traballadoras de ENCE
Tal e como recollen os medios de comunicación, os traballadores de ENCE -e os sindicatos que fan parte dos comités de empresa- reivindican a “adscrición dos terreos ocupados pola empresa en Lourizán” á Autoridade Portuaria de Marín como “alternativa máis viábel” para garantir a continuidade da actividade da fábrica en Lourizán. Establecen así unha relación…
Comezamos 2022 deseucaliptizando o Xurés
As Brigadas Deseucaliptizadoras, convocadas pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común Serra do Xurés-Riocaldo, comezaremos as actividades de 2022 abrindo un novo frente en Lobios, no Xurés. Será o sábado 15 de xaneiro. Actuaremos sobre dúas parcelas próximas de 2 e 3 hectares respectivamente, retirando eucaliptos de rebrote e descascando tocóns, para posteriormente reforestar con frondosas…
A resistencia contra a invasión eólica escribe as páxinas da Revista CERNA 85
A Revista CERNA lanza un novo número marcado pola reivindicación social e ecoloxista ante os actuais proxectos de agresión ao noso territorio. Dámos voz a colectivos contra a Mina de Touro (Plataforma Veciñal Mina de Touro – O Pino NON), ENCE (Asociación pola Defensa da Ría) ou o novo Plan Forestal (Asociación para a Defensa…
A Federación Ecoloxista Galega chama a participar nas concentracións do 11D
Máis de 170 colectivos, plataformas e entidades galegas de carácter ecoloxista, veciñal, social, cultural, sindical ou político que forman parte da coordinadora “Eólica Así Non” chaman a participar na multitude de accións descentralizadas por toda Galiza que se celebrarán o próximo sábado 11 de Decembro, día mundial das montañas, nunha grande mobilización fronte á actual…