Este martes 21 de outubro celebramos en Allariz a primeira xornada sobre a separación selectiva e compostaxe dentro do marco do “Convenio de colaboración entre ADEGA e o concello para o desenvolvemento dun proxecto de recollida separada de residuos orgánicos e a súa compostaxe de experimentación ambiental” Esta primeira xornada tivo lugar no CEIP Padre…
Categoría: Residuos
Allariz aposta pola compostaxe con un proxecto integral para os seus residuos orgánicos
Este 11 de setembro asinouse o convenio de colaboración co concello de Allariz para desenvolver un proxecto de recollida separada de residuos orgánicos e a súa compostaxe nun centro de experimentación ambiental. É unha iniciativa a tres bandas no que participan a universidade da Coruña (UDC), o concello de Allariz e ADEGA. A presentación tivo…
ADEGA pide a colaboración cidadá para evitar que o lixo de ´La Vuelta´dane Os Ancares
Eventos deportivos como as carreiras ciclistas adoitan concentrar a numerosas persoas afeizoadas nos puntos máis sobranceiros do percorrido, nomeadamente na chegada. Esta concentración de público, medios e toda a parafernalia organizativa e comercial asociada, adoita xerar importantes cantidades de refugallos, aliás de ruidos e outras molestias. Ao tratarse de eventos puntuais, os impactos derivados da…
ADEGA insta ao Concello a retomar o compromiso coa planta de compostaxe de Lugo
En Lugo estamos a sufrir a visión pública do noso lixo. A folga dos traballadores/as debruzounos bruscamente perante os nosos residuos. ADEGA non formula o problema en termos do noxo que produce ver todo o que desbotamos da nosa vida, para as nosas rúas, mas si debemos facer fincapé na cantidade de lixo producimos. Canto…
Atopan un vertedoiro de lixo pirata soterrado en pleno Parque das Fragas do Eume
Lumes, eucaliptos, minas e ceo aberto, encoros… E agora, un vertedoiro pirata. As Fragas do Eume, un dos nosos espazos protexidos máis emblemáticos, amosa outra volta as consecuencias dunha caótica xestión. Nos espazos protexidos vale todo! A Comunidade de Montes de Ombre, en Pontedeume, vén de denunciar a aparición dun vertedoiro de lixo soterrado en…
Pontevedra certifica a morte da SOGAMA do sur ao promover unha planta comarcal de compostaxe
Este venres asinouse o acordo entre o Concello de Pontevedra e o ente provincial polo que ambas administracións promoverán a construción dunha planta comarcal de compostaxe similar á de Lousame (Mancomunidade do Barbanza). O proxecto conta co apoio de asociacións ecoloxistas, de mariscadoras, comunidades de montes, as 3 federacións veciñais de Pontevedra, aliás das institucións…
Alcaldes do Deza visitan a planta de Lousame para coñecer as alternativas a SOGAMA
Os alcaldes de Lalín, Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces puideron coñecer de primeira man o tratamento de residuos que fai da planta do Barbanza, unha das que máis recicla do Estado e unha alternativa real ao taxazo de SOGAMA. Persoal da planta de Lousame, de ADEGA e expertos en residuos da UDC…
Guerra suxa de SOGAMA contra a compostaxe para atallar a rebelión dos concellos
Na súa teima por presentar os seus vicios como virtudes, SOGAMA non dubida en subministrar información manipulada aos medios. Nun recente artigo nun xornal de tiraxe galega (que recibe da Xunta e SOGAMA cuantiosos ingresos vía publicidade/convenios), recollíase que a “valorización total” de SOGAMA superaba en porcentaxe á acadada polos ámetos de Nostián e Lousame….
Os concellos en SOGAMA poderían reducir un 50% os residuos (e os custos) con sinxelas medidas
Consellos para reducir, reciclar e aforrar nos custos do lixo dende o minuto 1 Apostar por modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios na xestión dos residuos non só é unha cuestión de cartos. Con valentía política e compromiso coa cidadanía pódense pór en marcha iniciativas para reducir dende xa a dependencia de SOGAMA Desengancharse de…
Verdegaia propón que Vigo abandone SOGAMA
Verdegaia ven de propoñerlle ao concello de Vigo que asuma con firmeza a súa oposición a SOGAMA e opte por un sistema alternativo de xestión de residuos no que prevaleza a reciclaxe e a compostaxe. A subida no canon que os concellos pagan a SOGAMA pon de manifesto a insustentabilidade, tamén financeira, dun proxecto que…
150.000€ a dedo na Deputación da Coruña para unha entidade instrumental con 25 socios
Convenio: Proxecto Experimental de Compostaxe Doméstica con AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social) entidade sen experiencia nen traxectoria ambiental ADEGA vén de coñecer que A Deputación da Coruña aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa entidade AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social) por un importe total de 170.000€, achegando a entidade provincial 150.000€. O…
Rebelión contra SOGAMA: O problema non é só o prezo, é o modelo
O Foro Europeo de Residuos de Pontevedra acolleu a algúns dos expertos/as nos tratamentos ecolóxicos dos residuos máis destacados a nível Europeo. Dende Alfonso del Val, o mestre da compostaxe a nível estatal até Enzo Favoino, coordenador científico de Zero Waste Europa, pasando por científicos galegos como o catedrático Manuel Soto, da UDC, todos sinalaron a necesidade…