Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos máis de 400 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir…
Etiqueta: HABITAT
Hábitat participa na 1ª Semana Ibérica sobre Especies Invasoras
Do 29 de maio ao 6 de xuño terá lugar a 1º Semana Ibérica sobre Especies Invasoras (SIEI 2021), iniciativa organizada pola Red Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras – Rede InvECO, e os proxectos LIFE STOP Cortaderia e LIFE INVASAQUA, co obxectivo de poñer o foco nunhas das principais causas de perda…
O raposo e a Enfermidade de Lyme
Como lembraredes esta charla estaba prevista para o venres, 30 de abril, pero por problemas técnicos non puidemos levala a cabo. Por este motivo, Chisco Lema ofreceuse a volver a dar de novo a charla dentro dos nosos Encontros Naturalistas o próximo venres, 21 de maio. Francisco Javier Lema Fuentes, Chisco, falarános do motivo que…
Traballando pola Conservación: Asociación Abejas Silvestres
Este xoves, 8 de abril do 2021, ás 20:30h., falaremos con Ignasi Bartomeus e Ainhoa Magrach da Asociación Abejas Silvestres, entidade fundada no 2019 para a divulgación e conservación das máis de 1000 especies de abellas silvestres da Península Ibérica, incidindo na importancia dos seus hábitats e do seu papel na polinización. A Asoc. Abejas…
¿Son las praderas marinas un tesoro oculto?
O próximo venres, 26 de marzo, teremos con nós á Dra. Verónica García Redondo, que nos falará sobre as pradeira mariñas de Zostera marina, a súa importancia e o porque da súa conservación. Verónica García é doutora en Ciencias mariñas, Tecnoloxía e Xestión pola Universidade da Coruña. A súa tese tratou sobre a biodiversidade e…
Patrimonio forestal sostenible: la controversia del eucalipto.
Este venres, 19 de marzo, temos outro dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión da man de Marta Lamigueiro Durán, que nos falará das plantacións de eucaliptos nun patrimonio forestal galego desde o punto de vista da lexislación. Marta Lamigueiro é graduada en Dereito pola Universidade de A Coruña. Recibiu o 2º Premio de Sostibilidade otorgado…
Estudio de Mariposas Nocturnas
O próximo venres, 26 de febreiro do 2021, teremos con nós nun novo Encontros Naturalistas, a David César Manceñido González, que nos falará das bolboretas e avelaíñas, como estudalas, as amezas deste grupo faunístico e do seu traballo con avelaíñas na provincia de León. David César Manceñido González síntese atraído polas bolboretas e avelaíñas desde…
Life Oso Courel: Favorecendo o asentamento do oso na serra do Courel
Desde finais do século XX, a poboación cantábrica de oso pardo estase a recuperar grazas aos esforzos de conservación aplicados sobre a especie e o seu hábitat e ao cambio cara a unha percepción máis positiva e favorable entre os habitantes das zonas oseras. Esta recuperación produciu un aumento importante do número de osas reprodutoras…
Xa dispoñible A Mobella nº23. Boletín de divulgación científica do G.N.Hábitat.
Dende o Grupo Naturalista Hábitat comprácenos comunicarvos que xa tedes a vosa disposición, na sección de publicacións da nosa páxina web, unha nova Mobella, neste caso xa a número 23 que atinxe ao bienio 2018/2019 que, coma sempre, ven cargada de novidades e artigos tremendamente interesantes para todos os afeccionados ao naturalismo. Para ir abrindo…
Libélulas e cabaliños: descubrindo o mundo dos odonatos
Este venres gozaremos dunha nova xornada Falando de natureza dende os nosos fogares. Nesta ocasión, afondaremos na formidable orde dos odonatos, que acubilla ás comunmente coñecidas como libélulas e aos cabaliños. Un sorprendente grupo de insectos, aos que poderemos coñecer polo miúdo grazas á participación de: Anais Rivas Torres: Doutora en bioloxia, especialidade en ecoloxia evolutiva…
VIII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”: Natureza Viaxeira
Chegamos xa á 8ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o VIII CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Este ano, baixo o título “Natureza Viaxeira“, o G.N.Hábitat…
Xincana Naturalista polo Monte da Fraga
O vindeiro sábado, 26 de setembro do 2020, celebrarase unha Xincana Naturalista no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira), organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat, para dar a coñecer a flora e a fauna presente neste espazo natural. Tratarase dunha serie…