No Día Internacional contra os Monocultivos de Árbores, entidades conservacionistas piden a catalogación dos eucaliptos como especies exóticas invasoras

A Federación Ecoloxista Galega súmase ao Manifesto que solicita declarar dos eucaliptos como especies exóticas invasoras. O 21 de setembro, é o Día Internacional contra os Monocultivos de Árbores. Preocupados pola dimensión do problema do monocultivo de eucaliptos en Galicia e noutros lugares do norte da Península Ibérica, e conmemorando esta data, o Grupo Naturalista…

Custodia do Territorio e Voluntariado (campaña 2023) con Hábitat

Para participar nas diferentes actividades abertas ao público é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario (agás naquelas que conten cun apartado de “Información específica” e unha ligazón propia): Acceso ao formulario de inscrición  Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014 Anímate e ven connosco! O PROGRAMA “CUSTODIA DO TERRITORIO E VOLUNTARIADO” Por sexto…

Vipers in the city: Maio 2023 con Hábitat

Despois da gran acollida que tivemos o ano pasado coa iniciativa, este domingo, 7 de maio do 2023, os nosos compañeiros, David Dopereiro e Ismael Espasandín, volverán a amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no concello de A Coruña, en concreto, coa víbora de seoane (Vipera seoanei). A actividade constará dunha charla e dunha saída na zona de…

Hábitat presenta BioDiversidade cos usuarios do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza

Mañá mércores, 19 de abril, desenvolveremos unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva con diversos colectivos, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural. Nesta ocasión, en compañía dos usuarios do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza, faremos…

Encontros Naturalistas con Hábitat: Paseo polo río Mero

Queres vir e desfrutar dun paseo en familia para celebrar o día do Pai connosco?? Este domingo, 19 de marzo do 2023, de 10:30 a 13h, faremos un paseo polo río Mero para desfrutar dun pequeno recorrido gozando da biodiversidade que atrae o seu cauce. A xornada é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a…

Pasado, presente e futuro do naturalismo galego

O vindeiro xoves 9 de marzo celebramos o noso primeiro día do naturalismo galego, e que mellor xeito de facelo que conversando entre naturalistas nun “Falando de natureza”. Rodeados de compañeir@s de paixón, debateremos sobre o pasado, presente e futuro do naturalismo en Galicia. Naturalistas de todas as idades contarannos as súas vivencias, anécdotas, inquedanzas e…

O G.N. Hábitat declarado de Utilidade Pública

O Grupo Naturalista Hábitat ven de ser recoñecido como Entidade de Utilidade Pública (DOG de 3 nov 2022). Esta categoría concédese a aquelas asociacións sen ánimo de lucro que, cumpran de maneira efectiva cos fins marcados nos seus estatutos cunha adecuada organización de medios materiais e humanos e nas que a súa actividade produce un beneficio que…

Hábitat presenta alegacións ao PRUX do Parque Natural Fragas do Eume

Xa no pasado mes de maio de 2022, diferentes entidades conservacionistas galegas asinábamos un escrito onde expoñíamos a nosa preocupación polo estado de conservación do Parque Natural Fragas do Eume, afeando á Xunta o xeito de convocar ás entidades ambientais para a valoración do denominado Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX), do que a Administración levaba 25…

Comezo da XI promoción da Escola de Naturalistas!

Aínda lembrando todos os bos momentos compartidos cos compañeiros da pasada edición da Escola e xa comezamos unha nova promoción de Escola de Naturalistas, que chega á súa décimo primeira edición. Escola de Naturalistas é unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas…

G.N Hábitat parcicipa nas Xornadas de eco- deseño para paisaxes resilientes

O vindeiro venres, 25 de novembro, o G.N.Hábitat participará nas “Xornadas de eco- deseño para paisaxes resilientes” que organiza a Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, co patrocinio da Deputación da Coruña. Unhas xornadas formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a súa actividade no eido do deseño, execución e xestión de espazos públicos, técnicos municipais…