Hábitat Protexe en Ponteceso

O vindeiro sábado, 12 de setembro do 2020, de 09:30 a 13h, tes unha nova cita con Hábitat Protexe! Nesta ocasión acompañaremos aos compañeiros do Grupo de anelamento Hércules nunha xornada de anelamento científico de aves, na súa estación de esforzo constante en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo... Seguir lendo →

Proxecto Ríos: 15 anos unindo ríos e persoas

Este xoves continuaremos cos nosos Encontros Naturalistas en formato virtual, achegándonos a un dos proxectos ambientais máis destacados da nosa comuninidade: o Proxecto Ríos. Nacido no ano 2005, e coordinado polos compañeiros da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), o proxecto procura divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar... Seguir lendo →

Introdución á vida secreta das abellas

Continuamos cos nosos Encontros Naturalistas en formato virtual. Desta volta, cunha xornada moi especial en conmemoración do Día Mundial das Abellas. Foi no pasado ano 2017, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou establecer o 20 de maio como data para celebrar o Día Mundial das Abellas, co obxectivo de xerar conciencia sobre a... Seguir lendo →

Grazas por este ano 2019!

Este 2019 o Grupo Naturalista Hábitat celebramos o noso 40 aniversario, un ano cheo de bos recordos e lembranzas, rodeados de todos vós, que nos acompañades actividade tras actividade, sempre dando folgos para seguir traballando en prol da divulgación e protección do medio natural galego. Este ano, coa inestimable axuda dos nosos socios e colaboradores,... Seguir lendo →

Roteiro e Bioblitz no Monte da Fraga

O vindeiro domingo 21 de outubro do 2018 realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Campus da Zapateira), un roteiro de divulgación ambiental,  organizado pola Oficina de Medio Ambiente desta Universidade da man do G.N.Hábitat, empregando unha técnica, chamada Bioblitz, que consiste na procura do maior número de especies de flora e fauna, da... Seguir lendo →

Encontros Naturalistas (xaneiro 2018): Os visóns en España

Continuamos con forza neste 2018 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas.  Nesta ocasión contaremos unha vez máis coa inestimable compañía do Dr. Carlos Nores Quesada, profesor da Universidade de Oviedo, Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e experto na bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos, que virá a falarnos sobre os visóns presentes en España: o... Seguir lendo →

Xornada “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade”

O vindeiro luns 5 de xuño achégate connosco á  xornada de relatorios sobre “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade“, que vimos de organizar con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nela prográmanse interesantes conferencias, así como a presentación pública da recentemente editada “Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia“, que... Seguir lendo →

O Proxecto Noucho achégase á Universidade de Vigo

O vindeiro xoves 6 de abril os compañeiros Carla e Daniel  de Hábitat achegaranse a Pontevedra para presentar novamente o noso Proxecto Noucho, desta volta na Universidade de Vigo. A charla levarase a cabo no salón de actos da Escola de Enxeñería Forestal (ver localización no mapa), e terá lugar ás 11:00h. Dende aquí, agradecer aos compañeiros da... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑