Un ano máis, o Concello de Carballo lanza o programa Eu Quero Razo – Baldaio para continuar co obxectivo de crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido. Nesta campaña 2022, ademais do G.N. Hábitat, Senda Nova e ADEGA, o proxecto conta agora coa participación doutras entidades compañeiras, como son a Coordinadora…
Etiqueta: HABITAT
G.N Hábitat participa no III Bioblitz do Courel
O próximo fin de semana, 18 e 19 de xuño do 2022, participaremos no III Bioblitz do Courel xunto coa Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e Sociedade Micolóxica Lucus. Durante estes dous días faremos unha prospección intensiva da biodiversidade no Courel coa participación de tanto naturalistas profesionais como de afeccionados, asesorados por expertos de campo, co fin de…
HÁBITAT presenta a Campaña 2022 – Vacaloura (Lucanus cervus)
Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos case 600 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir afondando no coñecemento…
Luces e sombras da pasarela das Xubias a Santa Cristina
En datas recentes, diversos medios de comunicación comezaron a facerse eco dunha proposta da Xunta de Galicia dirixida á construción dunha pasarela (peatonal e ciclista) que comunicaría As Xubias e Santa Cristina. Unha nova infraestrutura que, previsiblemente, se establecería sobre a bocana da ría do Burgo, contando cuns 800 metros de lonxitude e un coste estimado de…
O Grupo Naturalista Hábitat participa na Celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000
O vindeiro xoves, 26 de maio, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, IBADER e EMALCSA, dentro do proxecto Life Fluvial, organizan unha xornada para celebrar o “Día Europeo da Rede Natura 2000”, cun programa centrado nas principais actuacións levadas a cabo en materia de recuperación ambiental de corredores fluviais. No marco desta convocatoria, dende…
Aves no CEIP San Pedro de Visma
Este xoves conmemoraremos o Día Mundial das Aves Migratorias cunha actividade de coñecemento e posta en valor da nosa avifauna, dirixida aos máis pequenos do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma. Seguro que será unha estupenda mañá, na que procuraremos motivar ás vindeiras xeracións de naturalistas cunha introdución ao mundo das aves!
Ilustrando a natureza da Torre de Hércules
Seguimos poñendo en valor a contorna natural da Torre de Hércules, cunha nova actividade da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. Desta vota, e con motivo da celebración do Día da Ciencia na Rúa, levaremos a cabo unha xornada de aproximación á flora e fauna silvestres a través do debuxo. A actividade estará impartida polo recoñecido…
Vipers in the city: estudio de una población suburbana de Vipera seoanei en la última área agrocultural de A Coruña
Moitas son as veces nas que as víboras son noticia ao longo do ano, e moitas delas por descoñecemento. Por este motivo, queríamos facer unha xornada sobre elas no concello no que naceu o G.N. Hábitat. Este domingo, 1 de maio do 2022, os nosos compañeiros, David Dopereiro e Ismael Espasandín, amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no…
Xornada ambiental na Torre de Hércules
Velaquí unha nova cita coa natureza! Da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, e con motivo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, realizaremos unha nova xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules. Desta volta descubriremos a diversidade de fauna e flora aquí presente, aproveitando o noso percorrer para facer unha retirada activa…
Feira da Sustentabilidade na UDC
Dende hoxe martes e ata a xoves desta mesma semana, a Universidade da Coruña celebrará unha nova edición da Feira da Sustentabilidade, promovida dende a Oficina de Medio Ambiente (OMA) desta institución. Un tempo para o encontro entre persoas e entidades, que chega como colofón dentro da ambiciosa programación do seu Marzo Ambiental, onde calquera…
Hábitat sen lixo en Novo Mesoiro
Este domingo, 27 de marzo do 2022, faremos unha limpeza de residuos baixo a iniciativa Hábitat sen lixo en Novo Mesoiro xunto coa ONGd Por Qué no? Unha asociación que ten a súa sede Local en Novo Mesoiro (A Coruña) e que promove a xustiza social en calquera parte do mundo a través de Proxectos…
Inagurada a exposición virtual coas ilustracións do IX Certame de Debuxo da Natureza
Comprácenos anunciar que xa podedes acceder á sala de exposicións virtuais de Emalcsa donde poderedes ver todas as obras presentadas no IX Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A vida a rentes do chan”, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e…