A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre o inicio do expediente sancionador derivado dos verquidos de augas residuais sen depurar ao río Tea, logo das denuncias presentadas nas últimas semanas por este colectivo, nomeadamente logo do verquido do 12 de novembro do 2017. As denuncias presentadas nas últimas…

A Confederación Hidrográfica multa a Unión Fenosa por talas non autorizadas nas beiras do Tea e por danos ao dominio público hidráulico.

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre a resolución do expediente iniciado hai uns meses contra Unión Fenosa por danos nas beiras do río Tea en Ponteareas. Concretamente, a raíz dunha denuncia do colectivo ambientalista, a Confederación iniciou un expediente sancionador contra a multinacional eléctrica, por danos no…

Perante a confirmación da contaminación por lindano en Ponteareas ADENCO esixe actuacións ao Concello e á Xunta

Esta semana o Concello de Ponteareas vén de confirmar a existencia de aterramentos con terras contaminadas por lindano na parroquia de Xinzo.  Esta confirmación prodúcese mes e medio despois de que o Grupo Ecoloxista ADENCO presentara varios escritos ao concello de Ponteareas e ante a Consellería de Medio Ambiente solicitando información sobre estes posibles aterramentos…

A Confederación abre dilixencias de investigación polos verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido notificación da apertura de dilixencias de investigación en dous expedientes abertos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Estas actuacións veñen derivadas das diferentes denuncias realizadas polo Colectivo ecoloxista nas últimas semanas en relación con verquidos ao río Tea de augas sen depurar directamente da depuradora de Ponteareas. O Grupo Ecoloxista, que…

ADENCO denuncia a utilización de cemento no proxecto de restauración da senda do Tea en Mondariz

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de ter coñecemento do proxecto de  restauración da senda do Tea en Mondariz. ADENCO considera que as obras solicitadas polo concello de Mondariz á Confederación Hidrográfica Miño Sil contemplan actuacións irracionais desde os puntos de vista técnico, económico e ambiental. Nese senso, o Colectivo ten comunicado recentemente a diferentes administracións…

ADENCO denuncia un novo verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea

Este pasado sábado tivo lugar outro atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido pertencente á Rede Natura vén derivada novamente dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira, ao curso fluvial. Tras ser verificado o atentado ecolóxico in situ por varios membros…

Ponteareas, a solicitude de ADENCO, declárase concello libre de eucaliptos

O pasado martes o Pleno de Ponteareas decidiu aprobar a Moción, presentada por ADENCO e que foi defendida polo concelleiro de esquerda unida, na que se solicitaba a declaración de  concello libre de eucaliptos. Esta aprobación súmase á acontecida nos últimos meses noutros concellos do territorio galego. O Pleno aprobou tamén o acordo de que…

ADENCO denuncia un importante verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O pasado domingo tivo lugar outro terrible atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido vén derivada dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira. Ao ter coñecemento destes feitos, varios membros de ADENCO desprazáronse ao lugar e, vista a situación, decidiron interpor…

ADENCO presenta as actividades das XXVIII Xeiras Micolóxicas do Condado

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano a súa  vixésimo oitava edición, realizándose de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas…