O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de recibir comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na que se informa da imposición dunha multa de 314000€, concretamente 275.000,00€ de multa polo verquido de augas residuais sen depurar ao cauce do río Tea na mal denominada depuradora municipal e outros 39191,04€ en concepto de indemnización polos danos producidos no dominio…
Etiqueta: ADENCO
Os problemas de depuración que afectan ao río Tea en Ponteareas chegan ao Parlamento Galego
A problemática na depuración de augas residuais existente en Ponteareas e o seu impacto no espazo protexido río Tea acaban de chegar ao debate do Parlamento Galego. Deste xeito, esta semana os deputados Marcos Cal e Antón Sánchez formularon unha pregunta perante a Mesa do Parlamento Galego na que se interesan sobre os impactos derivados…
Parlamentarios galegos e europeos visitan Ponteareas para coñecer a problemática ambiental do río Tea
O Grupo Ecoloxista acompañou este mércores a Marcos Cal, parlamentario galego de En Marea, e a Celtia Traviesas, asistente da europarlamentaria de Podemos Estefanía Torres, durante a súa visita a diferentes puntos do río Tea onde nos últimos tempos se realizaron unha serie de obras, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron…
O Concello de Ponteareas perde poboación por oitavo ano consecutivo e as previsións do PXOM están, unha vez máis, en dúbida
Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o Concello de Ponteareas volveu perder poboación no pasado ano, concretamente 39 persoas menos no ano 2018 (no 2017 foron 70), o que supón o oitavo ano consecutivo de pérdida de poboación. Esta circunstancia xa fora denunciada no seu momento polo Grupo Ecoloxista ADENCO…
Nova multa da Confederación ao concello de Ponteareas por verquidos no río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación de resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola que se impón unha multa de 900 euros ao concello de Ponteareas por verquido directo ao cauce do Tea procedente dun pozo de bombeo da rede de saneamento municipal na Freixa. Na resolución a Confederación advírtelle ao concello de Ponteareas…
ADENCO presenta as actividades das XXIX Xeiras Micolóxicas do Condado
As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano a súa vixésimo novena edición, realizándose de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo no ano 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades…
ADENCO presenta novas denuncias por verquidos de augas residuais ao río Tea no Concello de Ponteareas
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de presentar novas denuncias por verquidos de augas residuais sen depurar por parte do Concello de Ponteareas ao río Tea. Concretamente, os feitos ocorreron o pasado cinco de setembro, a través do aliviadoiro da depuradora municipal. Trátase dun verquido directo sen ningún tipo de tratamento. Son augas contaminadas que se…
A Confederación propón unha multa de 26.000 euros ao Concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora
O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación da proposta de sanción da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora ao espazo protexido río Tea, denunciados no seu momento pola entidade ecoloxista do Condado e que supuxeron a apertura dun expediente sancionador ao concello. Na resolución, a Confederación constata a realización…
ADENCO presenta novas denuncias por verquidos da depuradora da Moscadeira ao río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten presentado estes días novas denuncias polos verquidos de augas residuais sen depurar desde a depuradora de Ponteareas ata o espazo protexido Río Tea. Estas denuncias súmanse ás perto de tres dúcias xa efectuadas desde o mes de novembro do ano pasado e que teñen motivado a apertura por parte da…
ADENCO denuncia en Europa os verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten trasladado nos últimos meses a diferentes entidades diversa información e documentación en relación cos verquidos da depuradora municipal ao río Tea, espazo protexido inserido na Rede Natura. Froito deste traballo, esta semana a eurodeputada Lidia Senra ten rexistrado un escrito instando á Comisión Europea a emprender as accións necesarias para…
A Confederación Hidrográfica multa novamente ao concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido fai uns días notificación da nova sanción imposta ao Concello de Ponteareas polas obras de restauración da senda do río Tea. Estas actuacións, denunciadas por ADENCO en decembro de 2016, foron realizadas, segundo consta na Resolución, sen autorización administrativa da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A presente sanción ao Concello…
ADENCO considera positivo que se atendan as súas demandas e se fagan actuacións para evitar os verquidos no río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO considera positivo o recente anuncio da realización de actuacións por parte da Confederación Hidrografica Miño Sil para a mellora do saneamento do casco urbano de Ponteareas e a depuradora do concello na Moscadeira. Desde o Grupo Ecoloxista vaise estudar o proceso de licitación anunciado pola entidade hidrográfica e a seguir controlando…